
Un ano máis, comezamos con ilusión os grupos Jofil, acompañados por catro profesores e varios alumnos de 4º da ESO, con moitas ganas de compartir novas experiencias, aprender e medrar xuntos.
A praia de Compostela como escenario
O noso primeiro encontro coincidiu coa celebración de San Francisco de Asís, polo que aproveitamos a ocasión para coñecer un pouco máis a vida deste santo italiano e as súas ensinanzas.
A través da súa historia, reflexionamos sobre o amor e o respecto pola natureza, pero tamén sobre valores como a bondade, a humildade e a importancia do que levamos no corazón, aquilo que nos fai mellores persoas.
Despois de escoitar o Cántico das criaturas, compartimos unha doce merenda e continuamos a xornada na praia de Compostela, onde cada participante gozou creando na area a súa propia figura dun animal e compartindo cos demais o significado da súa creación.
Aprender, compartir e medrar xuntos
Estas experiencias permítennos aprender dunha forma diferente, fortalecer a amizade e crear vínculos entre todos os participantes.
Seguimos preparando novas propostas para sorprender os nosos rapaces e rapazas e, ao mesmo tempo, deixarnos sorprender por todo o que eles nos ensinan.
