O servizo de comedor está pensado para facilitar a conciliación das familias, un espazo onde o alumnado pode xantar e compartir tempo cos seus compañeiros/as. O colexio confía esta prestación a Arume, unha empresa de restauración con ADN 100 % galego e que está presente en máis de 200 centros da nosa comunidade.


O servizo de madrugadores ofrece unha solución cómoda e flexible para as familias que precisan ampliar o horario escolar pola mañá. Nun ambiente tranquilo e supervisado, os nenos e nenas poden chegar ao colexio antes do inicio das clases e aproveitaren ese tempo para xogar, ler ou realizar pequenas actividades de forma relaxada.
O colexio ofrece, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar, servizo de ludoteca durante as vacacións de Entroido, Semana Santa e verán. As actividades están deseñadas para ofrecerlles aos nenos e nenas un espazo de lecer e aprendizaxe, no que poidan gozar de xogos, obradoiros e dinámicas recreativas, ao tempo que se lles facilita ás familias organizar mellor o seu tempo.


O colexio facilita a adquisición do material escolar a través do servizo de venda de libros Llibres Text. Llibre Text é unha plataforma que lles permite ás familias adquirir os libros de forma sinxela e cómoda, garantindo que o alumnado dispoña dos recursos necesarios desde o inicio do curso.
O colexio ofrece, a través de Achegate, empresa de educación e tempo libre, unha ampla variedade de propostas extraescolares pensadas para complementar a formación do alumnado nun ambiente lúdico e enriquecedor. Trátase dunha oportunidade para descubrir novas paixóns, ao tempo que contribúen á conciliación familiar.


O colexio conta con chándal e uniforme desde Educación Infantil a 4.º da ESO. A través deste servizo, foméntase a igualdade e garántese que o alumnado dispoña de prendas cómodas e axeitadas á actividade escolar. Para facilitarmos a súa adquisición, as familias dispoñen de venda no propio centro.