O Colexio Filipense Sagrada Familia leva máis de oitenta anos ao servizo da educación en Vilagarcía de Arousa. Dende a nosa fundación en 1945, fomos evolucionando e adaptándonos, pero manténdonos sempre fieis ao noso compromiso: a formación integral do noso alumnado
Apostamos por unha aprendizaxe activa, innovadora e de calidade, na que o alumnado é protagonista do seu propio proceso educativo, desenvolvendo o pensamento crítico, a creatividade e a capacidade de traballar en equipo.
Somos un centro concertado, mixto e plurilingüe, que integra as novas metodoloxías, a educación dixital e a atención á diversidade, sen renunciar ao gusto polo traballo ben feito nin á identidade cristiá que nos define.
Traballamos en estreita colaboración coas familias e coa contorna, convencidos de que educar é unha tarefa compartida e unha oportunidade para transformar a sociedade desde os valores.

Formamos persoas con valores sólidos, responsables e comprometidas co ben común, a xustiza e a paz.