
Un total de 180 estudantes do noso colexio participaron na carreira de campo a través celebrada na contorna do estadio da Senra, en Ribadumia.
Unha xornada de deporte, esforzo e ilusión na que o noso alumnado compartiu experiencia con nenas e nenos doutros colexios de Vilagarcía de Arousa, O Grove e Ribadumia.
Un reto diferente para cada idade
Con moito esforzo e entusiasmo, os participantes afrontaron diferentes distancias segundo o curso: 450 metros para os debutantes nesta proba, os de 3.º; 900 metros para os de 4º e 5º; e 1.350 metros para os de 6º de primaria.
O deporte continúa con XOGADE
A xornada deixou tamén algunha sorpresa en forma de medallas e algúns conseguiron diplomas, pero, por riba de todo, todos gozaron dun
As actividades do programa XOGADE non rematan aquí, xa que o noso alumnado participará noutras propostas ao longo do curso.
