Actualidade filipense: o día a día do noso colexio

Celebramos o noso patrón

O pasado 26 de maio celebramos san Felipe Neri, o noso patrón, cunha xornada festiva na que participou toda a comunidade educativa.

O programa adaptouse á idade do alumnado. As nenas e nenos de Infantil e do 1.º ciclo de Primaria disfrutaron de actividades lúdicas preparadas para a ocasión, mentres que os do 2.º e 3.º ciclo de Primaria participaron nunha celebración eucarística no baixo teito do colexio. O alumnado da ESO fixo o propio na igrexa da Xunqueira.

Rematadas as celebracións, toda a comunidade compartiu o tradicional bolo e chocolatina, un dos momentos máis agardados da xornada e xa sinal de identidade desta festividade no centro.

A mañá puxo o broche de ouro cun animado partido de fútbol entre o alumnado de 4.º da ESO e o profesorado, que congregou ao alumnado nun ambiente de festa e bo humor.