A nosa historia

Explora as nosas raíces

Os nosos inicios

O colexio foi fundado, en 1945, pola congregación de Relixiosas Filipenses Misioneiras de Ensinanza como un colexio feminino, que lle daba continuidade á escola que dona Francisca de Haz y Tena viña rexentando, ata ese momento, no pazo de Vista Alegre.

Medramos con cada xeración

Dende os seus inicios o centro foi evolucionando, para adaptarse ás necesidades do seu alumnado. As instalacións, que inicialmente contaban cun pequeno internado, axiña quedaron pequenas e o colexio foise ampliando progresivamente.

Abrímonos ao mundo

A chegada da democracia trouxo consigo importantes cambios no ámbito educativo; o colexio converteuse en mixto, concertado e plurilingüe e o claustro pasou a estar formado maioritariamente por profesorado segrar.

Fieis á nosa esencia

Hoxe o colexio mantén vivos os seus valores fundacionais e continúa fiel á esencia do seu ideario católico e filipense, para ofrecer unha formación integral baseada na fe, no acompañamento persoal e no compromiso coa sociedade.