Metodoloxía

O noso xeito de ensinar

Aprendizaxe activa e vivencial

O alumnado aprende facendo, explorando e conectando o coñecemento coa realidade. O traballo por proxectos e a aprendizaxe-servizo dan sentido ao que se aprende dentro e fóra da aula

Método ABN

Aplicamos o método ABN en Infantil e Primaria para que o alumnado desenvolva o pensamento matemático a través da manipulación e o razoamento, construíndo unha comprensión sólida e flexible dos números.

Conciencia fonolóxica

Traballamos a conciencia fonolóxica como base da lectoescritura desde os primeiros anos, o que nos permite acompañar cada neno e nena coa resposta axeitada desde o inicio

Plurilingüismo e internacionalización

O inglés está presente en todas as etapas a través de materias non lingüísticas, auxiliares nativos e programas de inmersión. O Diploma Dual amplía este percorrido en Secundaria.

Pensamento crítico e oratoria

Formamos alumnado capaz de pensar con criterio e expresarse con claridade. A oratoria e o debate son sinais de identidade do noso centro e espazos de crecemento real.

Atención á diversidade

Contamos con profesorado especialista, agrupamentos flexibles e unha titoría próxima para garantir que cada alumno e alumna poida avanzar e desenvolver ao máximo as súas capacidades.

Valores e identidade filipense

A formación humana e espiritual é parte do noso proxecto educativo. Os valores cristiáns, a interioridade e o compromiso coa comunidade acompañan ao alumnado en cada etapa do seu crecemento.

Tes algunha dúbida? Ponte en contacto con nós!

Estamos aquí para axudar. Se queres máis información sobre a nosa escola, os nosos proxectos ou a nosa matrícula, non dubides en contactar con nós. Estaremos encantados de axudarche!