

O alumnado do último curso de Educación Infantil saíu ás rúas de Vilagarcía para descubrir de primeira man os espazos e servizos que forman parte da súa vida cotiá.
O concello, a igrexa, a biblioteca e a policía foron as paradas deste percorrido, no que o alumnado puido coñecer de cerca as persoas que traballan nestes espazos e a función que cada un deles cumpre na comunidade.
Esta saída forma parte dunha metodoloxía que aposta por achegar a aprendizaxe á realidade do alumno, convertendo o entorno en recurso educativo. Aprender vendo, tocando e preguntando.

