A maxia dos contos sae da aula
O alumnado de Educación Infantil do converteuse en contacontos por unha boa causa. Baixo o título «Érase unha vez…», os máis pequenos do colexio, coa axuda do alumnado de Oratoriade 3º de ESO, desenvolveron un proxecto de Aprendizaxe-Servizo co obxectivo de espallar a cultura, dinamizar as rúas de Vilagarcía e compartir coa veciñanza o resultado do seu traballo na aula.
Os nenos e nenas puxeron voz e corazón a unha selección de audiolibros. Para que estas historias non quedaran gardadas nas clases, deseñaron uns rechamantes carteis cun código QR integrado, convertendo o centro urbano nunha biblioteca sonora ao aire libre.
Unha ruta literaria polo comercio local
A resposta do comercio de Vilagarcía de Arousa foi boísima. As profesoras percorreron as rúas para distribuír estes puntos de escoita interactiva.
Os carteis co selo de Filipenses pódense atopar xa en multitude de establecementos colaboradores que abriron as súas portas con total xenerosidade:
Moda e complementos: Tendas como Koala, Chocolat, Baby Cool ou Equivalenza.
Hostalería: Locais de reunión coma La Baldosa ou El Trastero.
Servizos e alimentación: Establecementos de barrio como a panadaría alpanpan, a papelería Folder, barberías, ópticas e estancos.
Deste xeito, calquera persoa que estea a pasear ou a facer as súas compras diarias pode escanear o código co seu teléfono intelixente e gozar, de forma gratuíta, da dozura e a imaxinación das historias gravadas polos rapaces.
O valor da Aprendizaxe-Servizo (ApS)
Esta actividade vai moito máis alá de facer unha manualidade ou gravar un audio. A metodoloxía ApS combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun único proxecto. Con esta iniciativa, o noso alumnado traballou:
A expresión oral e a lectoescritura de xeito motivador.
A competencia dixital a través do uso de ferramentas de gravación e códigos QR.
O compromiso social, entendendo que o seu esforzo escolar ten un impacto positivo e regala momentos de ledicia aos seus veciños.
Un agradecemento de corazón: Desde o centro queremos dar as grazas infinitas a todos os comerciantes de Vilagarcía de Arousa que colaboraron con esta iniciativa. Grazas por coidar e apoiar o talento dos nosos pequenos e por ser sempre o mellor escaparate para a súa ilusión.

