Actualidade filipense: o día a día do noso colexio

O Festigal enche o colexio de música e galego

O noso colexio enchéuse de música e lingua galega co Festigal, un festival co que o alumnado de Infantil e Primaria celebrou o Día das Letras Galegas.

A xornada arrincou coa actuación do grupo Migallas, que presentou o seu espectáculo «Bricandeiras da lingua», unha proposta chea de ritmo e humor que puxo ao alumnado en modo festa desde o primeiro momento. A continuación, cada ciclo subiu ao escenario para interpretar a súa canción, demostrando que o galego tamén se aprende, se sente e se celebra cantando.