Actualidade filipense: o día a día do noso colexio

Os de 4.º de ESO convértense en guías turísticos dos de 6.º de Primaria

O alumnado de 4.º da ESO preparou e conduciu unha visita guiada por Vilagarcía dirixida aos seus compañeiros e compañeiras de 6.º de Primaria. Organizados por grupos, percorreron diferentes espazos da cidade vinculados á historia contemporánea, convertendo as rúas do municipio nunha aula ao aire libre.
Para preparar esta activididade, o alumnado recibiu previamente a visita de Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, da asociación O Faiado da Memoria, que lles achegaron os coñecementos e o contexto necesarios para poder transmitir a historia do seu contorno.
O resultado foi unha experiencia de aprendizaxe en dobre dirección: o alumnado de 4.º da ESO reforzou os seus coñecementos históricos e as súas habilidades comunicativas, mentres que os de 6.º de Primaria descubriron a súa cidade cunha ollada nova e máis profunda.