
Gañamos o primeiro premio na categoría de Educación Infantil e Primaria da II Edición dos Premios José Hermida de Radio Pontevedra, un certame no que participaron 107 centros educativos de toda a área de influencia da emisora.
O traballo premiado foi o podcast «O entroido en Radio Neri», elaborado íntegramente en galego polo alumnado de 5.º de Educación Primaria: Daniel Dobarro Salgueiro, Lola Fernández Barral, María Victoria Ginnari De Freitas e Dasan Laya Padín, co profesor José Maneiro como acompañante e coordinador do proxecto. «Radio Neri é a radio do cole», explicou Maneiro na gala.
Parabéns a todo o equipo por este merecido primeiro premio, que recoñece o esforzo, a creatividade e o compromiso co galego do noso alumnado.

