

O alumnado de 3.º de Educación Primaria a 2.º da ESO participou unha vez máis no programa Xogade, a iniciativa da Xunta de Galicia que promove a actividade física e os hábitos de vida saudable entre o alumnado de centros escolares galegos.
Durante varias xornadas, as nenas e nenos puxeron en práctica habilidades motrices, traballo en equipo e espírito deportivo, nun ambiente de convivencia e bo compañeirismo. Este tipo de actividades, máis aló do seu compoñente competitivo, contribúen á formación integral do alumnado e reforzan valores como o esforzo, o respecto e a superación persoal.

