Educación Secundaria

De 12 a 16 años

Obxetivos da etapa

En Educación Secundaria acompañamos ao alumnado nunha etapa decisiva para a súa formación e para o seu futuro. O noso obxectivo é que cheguen á madurez con unha base académica sólida, capacidade de pensamento crítico e unha mirada comprometida e responsable co mundo que os rodea.

Como traballamos?

Acompañamento e orientación

A adolescencia é un momento de cambios e decisións importantes. Por iso reforzamos o papel da titoría como espazo de acompañamento persoal e coidamos especialmente a orientación ao final da etapa, para que cada alumno e alumna tome as súas decisións con información, criterio e confianza en si mesmo.

Un itinerario propio

Cremos que non todos aprendemos igual nin nos interesa o mesmo. Por iso ofrecemos materias optativas e itinerarios que permiten ao alumnado personalizar a súa formación e construír un percorrido académico propio

Debate e oratoria

Saber pensar e saber expresarse son dúas das competencias máis valiosas que pode desenvolver unha persoa. Por iso somos referentes na formación en oratoria e debate, espazos nos que o alumnado traballa o pensamento crítico, a escoita activa e a capacidade de liderado.

Tecnoloxía

Vivimos nun mundo dixital que esixe persoas capaces de habitalo con criterio e responsabilidade. Por iso integramos as novas tecnoloxías de forma transversal e racional, como ferramenta ao servizo da aprendizaxe e non como fin en si mesmas.

Plurilingüismo

Cremos que o dominio das linguas abre portas e amplía horizontes. Por iso en Secundaria incorporamos o francés e reforzamos o inglés a través do auxiliar de conversa nativo, programas de inmersión lingüística e iniciativas de internacionalización como o Diploma Dual.

Facemos comunidade

Cremos que os valores se aprenden vivíndoos. Por iso coidamos os momentos de convivencia —saídas, excursións e actividades en equipo— e damos continuidade aos equipos de axuda, nos que o alumnado crece como persoa, como parte dun grupo e como referente para os seus iguais.

Aprendizaxe servizo

Queremos que o alumnado chegue á madurez con unha mirada comprometida co mundo. Por iso traballamos a interioridade, a reflexión e a responsabilidade social a través de proxectos de aprendizaxe-servizo nos que o que aprenden ten impacto real na comunidade.

Talento en acción

Cremos que hai aprendizaxes que só se dan fóra da aula. Por iso o noso alumnado participa en convocatorias externas como olimpíadas de matemáticas, certames literarios, concursos de debate…, experiencias que amplían a súa formación e poñen en valor o seu talento.

Novas e actualidade de Secundaria

Mantente informado sobre as últimas novas da nosa escola