Educación Infantil

De 3 a 5 anos

Obxectivos da etapa

En Educación Infantil sentamos as bases do desenvolvemento persoal, emocional e académico de cada neno e nena. Acompañamos nun espazo de confianza e contacto coa natureza, onde a curiosidade, a autonomía e o xogo son o punto de partida de toda aprendizaxe, e onde cada pequeno descubrimento ten valor e sentido.

Como traballamos?

Contacto coa natureza

Apostamos por unha aprendizaxe activa e vivencial, onde o contacto directo coa natureza e co contorno cobra especial relevancia. Para iso, contamos cun bosque propio no que os nenos e nenas exploran, descobren e aprenden en contacto directo co medio natural.

Xogo libre

Promovemos o xogo libre e a exploración autónoma como vías principais de aprendizaxe, porque é así como os nenos e nenas desenvolven a súa curiosidade innata, adquiren independencia e constrúan coñecementos verdadeiramente significativos.

Método ABN

Cremos nunhas matemáticas manipulativas e comprensivas, onde os números teñen sentido desde o principio. Por iso traballamos co método ABN, que permite que cada neno e nena constrúa o pensamento lóxico-matemático ao seu propio ritmo.

Plurilingüísmo

Introducimos as tres linguas —galego, castelán e inglés— desde os primeiros anos, porque cremos que a infancia é o momento óptimo para construír unha base lingüística sólida. Para iso contamos cun lector nativo de inglés que achega a lingua desde a naturalidade e a inmersión real.

Conciencia fonolóxica

Traballamos a conciencia fonolóxica como base do proceso de lectoescritura, porque nos permite detectar posibles dificultades desde o inicio e abordalas de forma temperá e individualizada.

Traballo por proxectos

Queremos que a aprendizaxe teña sentido e conecte co que os nenos e nenas viven e senten. Por iso, organizamos o traballo por proxectos, nos que o equipo docente deseña experiencias significativas arredor dun tema común.

Implicación das familias

Cremos que ten sentido educar en comunidade, implicando a todos os axentes que rodean ao neno e á nena. Por iso as familias forman parte activa da vida do centro e do proceso educativo dos seus fillos e fillas.

Educación emocional

Cremos que coñecerse a un mesmo é o punto de partida de toda aprendizaxe. Por iso, a asemblea ocupa un lugar central no noso día a día, como espazo de encontro, escoita e traballo da interioridade e da xestión emocional.

Novas e actualidade de Infantil

Mantéñase informado sobre as últimas novas da nosa escola